viernes, 27 de octubre de 2017

Contos pra a Noite de Defuntos

Amizade do Samaín




   Había unha vez unha nena que se chamaba Uxía e que dende que mudara de casa comezou a lle ter medo á escuridade. Sempre durmía cunha luz prendida, pero aquela noite de Samaín marchou a luz e parecía que non quería volver. Seus pais estaban intentando amañala, así que ela estaba na cama soa e morta de medo.

   Estaba agochada baixo as sabas cando escoitou un ruído na habitación. Estaba tan escuro que non vía nada, pero seguiu asexando, e pareceulle que algo se movía e pasaba por diante da porta do seu cuarto.


   Levantouse e foi ata o corredor para chamar os seus pais. A luz da lúa chea entraban pola fiestra do corredor e deixoulle ver algo que chamou a súa atención. Un gato negro pequeniño camiñaba por alí, e cando este a viu deu un salto, bufou e case caeu polas escaleiras.

   Uxía deuse conta de que o pobre micho tamén tiña moito medo e comezou a falar con el.


   Ao principio o gato fuxiu para agocharse debaixo da cama, pero como Uxía era tan doce, conseguiu que se achegase a ela e o cabo de uns minutos xa eran bos amigos. Voltou a cama co gatiño, e chamouno “Noite”.

   Dende ese día os dous dormen xuntiños na cama, e ningún dos dous voltou a ter medo da escuridade; ben, nin diso nin de nada.

Crema de Samaín



   Xan e o seu pai volvían a casa despois dun día duro de traballo. Xa era noite pechada, a noite de Samaín. Ademais había unha néboa mesta e fría que non deixaba ver case nada.

   Tiñan moita fame, pero eran tan pobres que non sabían se terían algo para cear.

   Ao lonxe distinguiron unhas luces, parecían uns ollos aterradores, e unha boca que botaba lume. Xan asustouse moito, mais o seu pai tranquilizouno e agarroulle forte a man.

   Seguiron andando, e cada vez miraban máis preto as luces. Xan miraba fixamente aqueles ollos, tremendo de medo, cando un ruído arrepiante fíxolle dar un brinco:” BUUU, BUUU”.

   - Tranquilo, - díxolle seu pai- é só unha curuxa, e eses ollos…. Creo que xa sei de que son.


   A néboa disipouse un pouco e o seu pai soltou unha gargallada. Xan centrouse nos ollos e deuse conta de que era una cabaciña que estaba o lado da porta da súa casa. Súa nai valeirouna, fíxolle ollos e boca e púxolle dentro unha vela.


   Xa máis tranquilo, entrou una casa e notou un recendo que lle encantaba: Crema de cabaza.
E así cearon a carón da lareira, e entre risas e contos pasaron a noite de Samaín.

Textos de Nuria Gregorio Portas ;-*

No hay comentarios:

Publicar un comentario